AVISO LEGAL

Este portal ten por obxecto informar, facilitar e axilizar xestións relacionadas co Banco de Terras de Galiza.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Xunta de Galicia, a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúen unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por lei. Só está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

O usuario non poderá acceder ao portal de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servicios ofrecidos, nin acceder a sitios, servizos, sistemas informáticos ou a redes conectadas ao portal sen autorización cando esta sexa preceptiva para o acceso. Queda prohibido o envío de correo masivo non solicitado e introducir virus informáticos, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo a esta administración ou a terceiros.

A Sociedade Bantegal non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable de consecuencia ningunha, dano ou prexuízo derivado tanto da imposibilidade de acceder á web como do acceso ao uso da información contida naquela ou noutras páxinas de sitios web de terceiros a través de "ligazóns" situadas nesta páxina.
 
Medio Rural
 


A Sociedade Bantegal resérvase o dereito a suspender temporalmente o acceso ao portal, sen aviso previo, de forma discrecional e temporal. Así mesmo, poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.

Tampouco é responsable esta sociedade de que a información subministrada polos servizos de información xeográfica de parcelas agrícolas ou semellantes coincida coa realidade, nin ten competencias para instar á rectificación, actualización ou actuacións semellantes, sendo obriga do interesado facelo perante o organismo co que exista a discordancia.

A política de privacidade do Bantegal fundaméntase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web e cumprir o seu obxecto social.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán, quen poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.