Facundo no Bantegal
Facundo retorna para acudir a un chamamento dalgúns vellos coñecidos seus e para participar na campaña de promoción do Banco de Terras de Galicia.
Ónde o localizaron os do BanTeGal e cómo o convenceron para que volvese saír á luz, é un misterio. Pero alguén soubo tocarlle as febras do corazón a este vello rebelde con causa que, aínda que pasa por boneco de ventrílocuo, seguramente non o é. Sexa o que sexa, este home misterioso sempre fala e responde por si propio.
Alguén debeu pensar que Facundo, que tanto e tan ben defendera os intereses dos labregos galegos, era un personaxe ben acaído para presentarlles ás xentes do noso agro o proxecto do Banco de Terras. A Facundo pareceulle ben. Dixo que si. Non puxo condicións. Ben, en realidade puxo unha:
-Tede coidado comigo, vou facer moitas preguntas e vou dicir sempre o que penso... tranquilidá!