Logo Consellaría do Medio Rural
Logotipo de Agader
Benvido ao SITEGAL
  Ligazóns relacionadas:

¡Benvido/a ao Banco de Terras!


O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co que se pretende regular o uso e aproveitamento de fincas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais,de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

A Lei 6/2011, que entrou en vigor o 15 de novembro de 2011, derroga a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia e establece unha serie de cambios no ámbito e procedemento de actuación que ata o momento levaba a cabo o Banco de Terras. Para aclarar calquera dúbida respecto a estes cambios pode consultar Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras (DOG Nº 205, mércores 26/10/2011) ou as nosas Preguntas Frecuentes pulsando aquí.

O Banco de Terras conta ademais co Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) no cal pode consultar en todo momento a través de Internet o estado dos seus expedientes así como as fincas que están incorporadas e dispoñibles para utilizar.

¿É vostede unha persoa que ten terras e non lles da aproveitamento / non as está a traballar? Consulte aquí o que lle pode ofrecer o Banco de Terras e os trámites a seguir para incorporar esas fincas ao Banco de Terras.

¿Necesita vostede terras para desenvolver o seu proxecto? Consulte aquí como pode solicitar a cesión de fincas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.

Información sobre os períodos hábiles de arrendamento e incorporación de fincas no Banco de Terras de Galicia para o ano 2012.  Prema aquí.

¿Que acontece se varias persoas solicitan a mesma parcela? Consulte aquí como se resolven os casos de concorrencia de varios solicitantes sobre unha mesma parcela.

Información sobre os prezos de referencia do Banco de Terras para o ano 2012. Prema na provincia que quere consultar:

A CoruñaLugoOurensePontevedra

Contacto:


Enderezo:

Entidade Xestora do Banco de Terras de Galicia

Estrada Santiago-Noia, km. 1, A Barcia,

15896 - Santiago de Compostela (A Coruña)

Para calquera dúbida pode vostede chamar ao teléfono 881 997 193.

Tamén pode enviar un correo electrónico ao enderezo:



Últimas parcelas incorporadas ao banco
Localización Data Superficie Usos do solo Prezo
Samos - Lugo
Renche (Santiago)
29/02/2012 13.160 m²
(1,32 ha)
Pasteiro: 13.160 m² (1,32 ha)
20 euros anuais
Frades - A Coruña
Añá (Santa María)
29/02/2012 4.961 m²
(0,5 ha)
Labradío secaño: 1.040 m² (0,1 ha)
Forestal arborado: 3.921 m² (0,39 ha)
21 euros anuais
Frades - A Coruña
Céltigos (San Xulián)
29/02/2012 26.785 m²
(2,68 ha)
Pasteiro: 19.650 m² (1,96 ha)
Forestal arborado: 7.135 m² (0,71 ha)
91 euros anuais
Ver máis | Buscar
Condicións de uso